Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de septiembre de 2020

O CAMBADÉS GABRIEL SANTOS SUSTITÚE A OUTRO CAMBADE´S COMO DECANO DOS PROCURADORES

O cambadés Joaquín Gabriel Santos Conde tomou posesión como decano dos procuradores de Pontevedra despois de impoñerse nun proceso electoral para a renovación da xunta de goberno do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra Procédese así á proclamación e toma de posesión da única lista de candidatos presentada, encabezada por Santos Conde, que exercerá o cargo de Decano-Presidente do colexio de procuradores. Así, o cargo de vicedecano ostentarao Pedro Sanjuán Fernández; o de secretaria, Elena Montáns Argüello; o de vicesecretario, Luís Valdés Albillo; Antonio Fernández García será o tesoureiro; e Faustino Javier Maquieira Gesteira, José Luis Gómez Feijoo, Francisco Javier Fernández Somoza e Rocío Cochón Castro serán vocais. No acto, Gabriel Santos agradeceu ao decano saínte, outro cambadés, pero de adopción, Jesús Martínez Melón, a súa dedicación ao longo do últimos oito anos e destacou os alicerces fundamentais de actuación da nova Xunta de Goberno: o mantemento e mellora dos servizos que se prestan aos colexiados, o equilibrio orzamentario e financeiro do colexio, a formación continua dos colexiados e o reforzo da actuación institucional do colexio a fin de dar a coñecer a figura do procurador dos tribunais como profesional xurídico, na súa dobre vertente, representante técnico do justiciable e colaborador esencial da Administración de Xustiza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.