Nas últimas 24 horas sumáronse 55 novos positivos, o que sitúa o número de casos activos en 552, segundo o balance do Servizo Galego de Saúde desta mañán.
Hai dezaseis pacientes ingresados por coronavirus nos hospitais da área sanitaria. Doce deles están a ser atendidos en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un máis no hospital Quirón Salud Miguel Domínguez. Non hai infectados no Hospital do Salnés. Os outros tres pacientes hospitalizados atópanse na unidade de coidados críticos (UCI) do Hospital Montecelo, un máis que onte luns.
Os outros 536 casos activos reciben seguimento nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 1.103 pacientes, seis deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.