Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2020

A ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-SALNÉS VOLVE A NIVEIS DE MAIO

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma nas derradeiras 24 horas 19 casos de COVID-19 para un total de 165 casos activos de coronavirus e 960 pacientes curados. Contabilizouse unha alta polo que ao final son 18 casos activos.
A área sanitaria está en niveis iguais aos do mes de maio, vixente aínda o estado de alarma. Malia todo os niveis de hospitalización son menores. Seguen ingresados tres pacientes nos hospitais da área, un en planta e dúas na unidade de coidados intensivos, os tres no Hospital Montecelo. 
Os outros 162 casos activos son pacientes que evolucionan nos seus domicilios.
Desde a Xerencia da área sanitaria non recoñece ningún brote, tan só certificouse oficialmente un de orixe familiar en Caldas de Reis. Outras fontes falan dun brote en Poio, outro de orixe familiar en Bueu con polo menos 3 afectados e outro tamén de orixe familiar no Grove, con outros tres membros dunha familia e outra vinculada. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.