O CONCELLO DE CAMBADOS CONTRATA A LIMPEZA DAS PRAIAS DO MUNICIPIO
Estase a realizar xa por unha empresa local con maquinaria especializada.
Ante a chegada do tempo soleado e o avance nas fases de desescalada do
coronavirus COVID-19 que xa permite o acceso ás praias, a concellería de Obras e Servizos
do Concello de Cambados contratou un novo servizo de limpeza destas, a unha empresa local
que conta con maquinaria especializada, a cal permite unha mellor, máis rápida e eficiente
retirada de residuos.
As tarefas xa comezaron esta semana con traballos preliminares de retirada de herbas
e raíces profundas, para continuar co cribado da area nos próximos días, eliminando deste
xeito os restos orgánicos naturais así como residuos sólidos de orixe artificial.
Os resultados están sendo moi satisfactorios, non só na efectividade na retirada do
lixo, senón tamén no achandado da area, redundando nunha maior comodidade e seguridade
dos bañistas.
Estas labores estenderanse ás principais praias do municipio, de norte a sur:
SúasRosas (Corbillón), Centro (Casa do Mar), San Tomé, A Torre de San Sadurniño e As
Saíñas (Castrelo), e realizaranse de xeito periódico ó longo do verán, segundo necesidade.
O concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, sinala que dende o Concello se están
a adicar importantes esforzos e recursos para garantir a correcta hixiene dos espazos
públicos, para que os veciños e veciñas de Cambados, e máis adiante tamén os visitantes,
poidan desfrutar destes espazos, pero sen esquecerse que a principal vía de contaxio do
coronavirus é de persoa a persoa, polo que se deben respectar todas as normas de
seguridade indicadas polas autoridades sanitarias, especialmente no referente ó uso de
protección buconasal e mantemento de distancias entre persoas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.