A Área sanitaria Pontevedra-Salnés estaciona nos 500 positivos por Coronavirus. Agora mesmo 507 persoas están contaxiadas de coronavirus, é decir, 2 máis (505) que no día de onte.
No día de hoxe 35 persoas (+10) permanecen hospitalizadas en planta en centros de Pontevedra-Salnés, 27 (+7) no Hospital Montecelo, 7 (+5) no Hospital do Salnés e unha (volve ter ingresados o centro capitalino), no Quirón Salud Pontevedra.
Na UCI continúan 10 enfermos (-1), mentres que 472 (+3) casos recupéranse na súa casa.
Desde o inicio da pandemia 143 persoas foron dadas de alta polo que son 2 no día de onte,
Tralo falecemento onte dun veciño da Illa de 64 anos, que tiña patoloxías previas sube a 13 (da comarca do Salnés houbo 3 vítimas) os falecementos rexistrados nesta área sanitaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.