Descende o número de casos confirmados por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ao mesmo tempo que aumentan as altas médicas, seguindo a tendencia tanto a nivel galego como nacional.
Na nosa área hai actualmente 469 casos activos. 1 menos ca onte, pero dez máis a nivel total. Deles, 45 están illados no Hospital Monteceloesto é dicir, 8 menos que no día de onte, 3 no Hospital do Salnés polo que se reduce a metade de onte no que eran 6 os ingresados nese centro. Mantense 1 no Quirón Domínguez de Pontevedra. Ademais, 13 pacientes recupéranse na UCI igual que onte, e 407 nos seus domicilios 9 máis que onte. O total de persoas que contraxeron o coronavirus é de 588, sumados activos, recuperados e falecidos.
En canto ás altas médicas, desde onte producíronse 11. O que fai que o total dende o inicio da pandemia chegue a 108 pacientes recuperados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.