O Concello de Vilanova de Arousa adicará unha avenida a Amancio Ortega, fundador de Inditex, e varias rúas aos profesionais sanitarios, do Exército, das forzas e corpos de seguridade e de voluntarios particulares pola súa loita contra o coronavirus.
A iniciativa, explican fontes do goberno local, xorde de peticións cidadás "en recoñecemento á doazón de material de protección por parte de Amancio Ortega, así á adquisición previa e cesión ao sistema sanitario público de tecnoloxía punteira para o tratamento do cancro". O fundador de Inditex dará nome á avenida principal do polígono empresarial de Baión, e sanitarios, policías, militares e voluntarios, ás rúas adxacentes. Ata agora ningunha rúa deste polígono ten nome algún. O cambio de nome deberá abordarse no próximo pleno da corporación local, o que se dá por descontado ao gobernar o PP con maioría absoluta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.