Todos os usuarios e os traballadores das residencias de DomusVi en Ribadumia e Lalín, ambos os municipios da provincia de Pontevedra, deron negativo nas probas PCR do coronavirus realizadas ao longo da semana pasada. Segundo informa a empresa que xestiona estes centros, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixo as probas a un total de 147 maiores e a todo o persoal das instalacións de Ribadumia, mentres que en Lalín foron máis de 230. Todas elas foron negativas.
Por outra parte, familiares denuncian a Xosefina Fernández, a CEO de DomusVi que ata hai pouco recibía premios de mans da Xunta
Xa hai denuncias contra 51 residencias galegas, varios cargos da Xunta - incluído o presidente- e algúns directivos, como Xosefina Fernández. Das 3 residencias intervidas en Galicia, dúas son de Domus Vi, que ten tres centros entre o catro máis afectados no país.
A Fiscalía Superior de Galicia sumou varias denuncias presentada pola Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias ( REDE) ás dilixencias preprocesales civís que xa mantiña abertas en centros de maiores no contexto da crise do coronavirus.
Así o ditou o Fiscal este luns nun decreto no que traslada a incorporación desta denuncia ás diversas Fiscalías Provinciais e de Área, que son as encargadas de realizar o seguimento exhaustivo dos xeriátricos, tanto públicos como privados, por indicación da Fiscalía Xeral do Estado.
Desta maneira, a estes contactos que o Ministerio Público viña facendo, súmanse polo menos tres denuncias penais presentadas o pasado luns polo presidente do colectivo cangués Vellez Digna e á súa vez secretario de REDE, Francisco Xosé Bernárdez Solla.
En concreto, unha destas denuncias está dirixida a un total de 42 xeriátricos da Comunidade galega que contan con casos de COVID-19, mentres que outra acusa unicamente os centros do Grupo DomusVi e, máis directamente, ao seu CEO en España, Xosefina Fernández Miguélez.
A estas dúas súmase unha terceira contra o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidadede a Xunta, Ildefonso de Cámpaa Montenegro; o subdirector xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Fernando González Abeijón; e contra a xefa de Inspección de Maiores e Discapacitados, Berta Besada. A eles, REDE acúsalles de delitos de denegación de auxilio, abandono, omisión de socorro con resultados de mortes e lesións, de forma dolosa e con prevaricación.
Ademais, as tres denuncias rexistradas ante Fiscalía, con data ao 13 de abril, solicitaban que se enviase á policía xudicial aos centros para comprobar se cumpren os protocolos, a solicitar probas dos delitos denunciados e a tomar declaración aos traballadores e familiares dos usuarios.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.