Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2020

A CONSELLEIRA DO MAR VISITA A CONFRARÍA DE CAMBADOS


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a Confraría de Pescadores de Cambados, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as necesidades da entidade e dos seus socios e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade. A titular de Mar, que estivo acompañada durante o encontro co cabido pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou a importancia de que se manteña un contacto fluído e constante entre sector e Administración para buscar as mellores solucións ás necesidades que lle van xurdindo aos profesionais do mar.
Nesta liña, a representante do Executivo galego fixo fincapé na transcendencia do mantemento das instalacións dos portos e das lonxas galegas para facilitar o traballo diario dos profesionais do mar. Este tipo de visitas periódicas, lembrou a titular de Mar, enmárcanse nese obxectivo e permiten intercambiar impresións co sector en primeira persoa, analizar e coñecer en directo os problemas existentes en cada zona e buscar o mellor xeito de solucionalos o antes posible.
A petición máis destacada que os membros do Cabildo lle fixeron a Rosa Quintana foi a necesidade de acometer, canto antes, ben unha reforma en profundidade da lonxa de Tragove, ben a construción dun novo edificio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.