O certame, promovido pola Academia Xacobea co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, está dotado con 1.500 euros e inclúe a publicación do poemario en versión bilingüe galego-castelán na Editorial Carena
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu esta tarde no salón de actos de El Corte Inglés a entrega do I Premio de Poesía Camiño de Santiago a Domingo Tabuyo pola súa obra As viaxes maiúsculas. Trátase dun certame convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia e o patrocinio de Ediciones Carena para promover e divulgar desde o eido literario o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.
O titular de Cultura fixo fincapé na relevancia da literatura “para afondar no relato de conxunto construído arredor do Camiño de Santiago”, e explicou que as rutas que conducen a Compostela son “unha viaxe maiúscula” para todo aquel que decide emprendelas.
Román Rodríguez concluíu a súa intervención agradecendo o traballo da Academia Xacobea “polo gran papel en prol da difusión do Camiño de Santiago e a cultura xacobea” e transmitíndolle os seus parabéns ao galardoado nesta primeira edición, quen recibiu un premio de 1.500 euros e un diploma acreditativo, ademais de ver a súa obra publicada en versión bilingüe galego-castelán na Editorial Carena.
No acto tomaron parte, a canda o conselleiro, o presidente e o secretario xeral da Academia Xacobea, Xesús Palmou e Ulises Bértolo; o responsable de Ediciones Carena, José Membrive, e o galardoado.
Domingo Miguel Tabuyo Romero (Pontevedra, 13 de agosto de 1959) é un político socialista e escritor de España.
Pasou a súa infancia en Marín. Na actualidade reside en Cambados, está casado e ten dous fillos. Foi tenente da mariña en Ferrol e é Licenciado en Historia. Despois de dúas lexislaturas como deputado no Congreso dos Deputados de Madrid por Pontevedra, agora volve exercer a docencia como profesor no IES Francisco Asorey en Cambados.
Licenciado en Geografía e Historia por la USC. Profesor de Historia y Arte en el Francisco Asorey de Cambados. Participante, moderador y organizador de múltiples actos literarios y culturales. Articulista semanal en Prensa. En Poesia tiene publicados: Manual de Urxencias e Retornos, accésit del Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña. Balsaín Blues, Premio Concello de Ourense 1997. Nos tempos de Invernía,Premio Avelina Valladares, Concello da Estrada, 1999. A Luz Secreta, 2002, Colección Tambo de la Diputacion de Pontevedra. Cadernos de París, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela. A sombra Horizontal do teu Nome, Toxosoutos, 2018.




No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.