Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de noviembre de 2019

UNHA XUÍZA DE CAMBADOS NO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTICIA DE GALICIA


A xuíza, Sonia Rey Salgueiro, do xulgado Mixto número 1 de Cambados será un dos novos membros da Sala de Goberno doTribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrou onte martes eleccións, por acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ), para designar aos sete membros electos da Sala de Goberno, un órgano interno dos xulgados e tribunais galegos que cumpre tarefas organizativas e administrativas. Segundo informaron fontes do TSXG, a Sala de Goberno está formada por sete membros da xudicatura natos e por outros sete electos, ademais da secretaria de Goberno. Nos comicios deste martes participaron 269 xuízas e xuíces de toda a comunidade autónoma e os elixidos son todos todos membros da Asociación Profesional da Magistratura ( APM), engadiron. En concreto, os membros electos deste órgano son María Teresa Cortizas González-Criado, da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña; Germán Serrano Espinosa, do xulgado do Social número 2 de Vigo; Carmen Veiras Suárez, do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago; e José Luis Deaño Rodríguez, do xulgado de Primeira Instancia 5 de Lugo. Así mesmo, tamén foron elixidos Daniel Tomás López, do órgano de Primeira Instancia número 15 de Vigo; Ana Fernandez-Porto Vázquez, do xulgado de Instrución número 3 de Carballo e a mencionada Sonia Rey Salgueiro, do xulgado Mixto número 1 de Cambados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.