A execución dos traballos de renovación do firme da Autovía do Salnés veñen de ser suspendidos temporalmente ante as adversas condicións meteorolóxicas, o que obrigou á concesionaria desta infraestrutura autonómica a determinar a interrupción dos mesmos.
A chuvia e as baixas temperaturas están a impedir unha boa execución dos traballos, cuxo resultado está moi condicionado pola humidade e as temperaturas. Trátase do estendido da nova capa de rodadura, que inclúe a súa aplicación en toda a lonxitude da AG-41 e nos ramais de enlace, e que se estenden a calzada completa para evitar a formación de xuntas lonxitudinais na mesma
A magnitude desta intervención fixo considerar necesario pospoñer o remate das obras ata o mes de marzo, previsiblemente, para garantir a súa calidade e resultado das obras.
Nestes momentos as obras de renovación extraordinaria do pavimento acadan un grado de execución do 65%.
En sentido Sanxenxo, está realizado o estendido completo da capa de rodadura na calzada dereita, e tamén na calzada esquerda, sentido Curro, desde o fin da autovía en Sanxenxo e ata o punto quilométrico12+400.
En paralelo, realizáronse os primeiros traballo de pintura a medida que se ía estendendo o pavimento, que se reforzarán ao termo da actuación, e téñense pintado as liñas e frechas do tronco da vía, así como as liñas e cedas nos ramais. Tamén se foi instalando o balizamento con captafaros.
Nos traballos avanzados queda pendente de pintar unha zona que está premarcada, do punto quilométrico 14+800 ao 12+400 na calzada esquerda, e que coincide cos últimos traballos de estendido de pavimento, que se pintará en cuanto deixe de chover.
Cabe indicar tamén que a previsión na programación das obras permitiu o seu desenvolvemento sen que teña habido ningún problema relevante de tráfico durante a execución das mesmas, máis alá das propias deste tipo de intervencións nas que se fai necesario desvíos alternativos e cortes puntuais informados con antelación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.