A Festa do Albariño de Cambados pechou a súa edición de 2019 entregando os premios aos mellores viños do ano. E, nesta ocasión, o ‘Ouro’ recaeu no albariño Señorío de Rubiós da adega do mesmo nome das Neves. Pola súa banda, os outros dous chanzos do ‘podio’ ocupáronos senllos viños da subzona do Salnés. A ‘Prata’ foi para a cambadesa Lagar de Costa, mentres que o ‘Bronce’ recaeu no viño Castel de Fornos, de Adegas Chaves.
Nesta trixésimo primeira edición da Cata Concurso Rías Baixas Albariño participaron un total de 59 marcas que foron analizadas por 22 expertos, pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador como a un panel externo. En xeral, todos os catadores destacaron a “boa organización e o desenvolvemento da Cata Concurso”. Tamén cultivou un gran éxito o IX Túnel do Viño, organizado polo Consello Regulador, que se mantén como un dos pratos fortes da Festa do Albariño D.O. Rías Baixas de Cambados. Foron moitos os amantes do viño, concretamente 510 persoas, os que se achegaron entre o xoves e o domingo ao Salón de Congresos e Exposicións José Pena para degustar algunhas das máis de 150 marcas de 60 adegas expostas. A directora de Marketing d CRDO Rías Baixas, Eva Mínguez, mostrou a súa satisfacción pola resposta de público. “Estamos contentos coa resposta do público pois pasaron máis de medio milleiro de persoas durante os catro días que o túnel abriu as súas portas”, apuntou.
Estes son os gañadores dos premios a os mellores premios do Albariño
1' premio Señorío de Rubiós
2' premio Lagar de Costa.
3' premio Bodega Castel de Fornos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.