Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de julio de 2019

UN XOVEN FERIDO TRAS PRECIPITARSE DA TORRE DE SAN SADURNIÑO


Un mozo, J.B., menor de idade, resultou ferido de consideración logo de caer da Torre de San Sadurniño, situada nun illote do barrio mariñeiro de San Tomé, en Cambados.
Os feitos aconteceron minutos antes das oito da tarde de onte, cando o rapaz precipitouse ás rochas desde o alto da torre.
A chamada dun particular ao 112 Galicia permitiu activar o operativo para a atención do ferido, que presentaba un traumatismo na cabeza. Así, ademais dos profesionais do sanitarios, ao punto dirixíronse os membros do servizo local de emerxencias co fin de colaborar na asistencia e traslado do rapaz ata a ambulancia.
Cómpre dicir que, malia ao golpe, a persoa estaba accesible, tal e como indicou quen alertou ao 112 da caída. Deste xeito, descartouse a intervención de servizos de rescate por mar, pero si por terra para colaborar co persoal médico na evacuación do ferido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.