Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de julio de 2019

REVOLUCIÓN NO XUVEN CAMBADOS


O Clube Xuventude Baloncesto Cambados abre o proceso electoral trala demisión forzada polos propios compañeiros de directiva do presidente Antonio Lema. Así o fixeron público nun comunicado publicado nas redes sociais e na prensa.

 COMUNICADO DO XUVEN:

Despois da dimisión do presidente do club, Antonio Lema, o pasado mércores 3 de xullo, o Club Xuventude Baloncesto abriu un proceso electoral ratificado en Asemblea de Socios o pasado venres, día 5. 
O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o vindeiro venres 19 ás 20h. Os requisitos para presentar candidatura son: ser maior de idade e estar ao corrente de pago da cuota de socio. A maneira de presentar a candidatura será vía mail a calquera destas dúas direccións: xuven@hotmail.com ou xuven.cambados78@gmail.com.


O mesmo venres 19, ás 21:30h, terá lugar unha Asemblea Extraordinaria para a proclamación de candidatos e, en caso de existir máis dunha candidatura, proceder á elección de presidente mediante votación entre os asistentes á Asemblea. 
O censo electoral poderá consultarse antes do comezo da mesma.
No suposto de non haber candidatura, procederase ao nomeamento dunha Xunta Xestora que rexirá o club ao longo da tempada 2019/2020.

Lembremos que tras un periodo de éxitos o clube veuse abocado ao descenso a 1ª División Nacional e a tempada pasada viveuse outro descenso esta vez a 2ª División Nacional, algo que non estaba previsto no clube tras os éxitos acadados en anos anteriores.
A xestora tentará evitar ese descenso deportivo e que os amarelos salgan cando menos en Primeira que é unha categoría máis acorde co seu historial e co seu nivel económico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.