Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de julio de 2019

MIRADOR DA PASTORA: A SECTA DO CAPÍTULO SERENÍSMO DO ALBARIÑO



Moito temos escrito neste blog sobre a relación do ex ministro condenado por corrupción, Jaume Matas, e o Capítulo Serenísimo do Albariño. 

O político corrupto Jaume Matas foi investido cabaleiro no verán do 2002 da man do entón Gran Mestre, Manuel Fraga, e acompañado polo que era vicepresidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a ministra Ana Pastor, que ese mesmo día estreouse como Dona do Albariño. Na nómina de damas e cabaleiros desta orde dedicada ao viño hai unha ampla representación de políticos do PP, algo que sempre criticaron os grupos da esquerda cambadesa que acusaban a este partido de politizar a festa.

Pois ben tanto o Capítulo como o Concello na época de governo do PP dixeron que a distinción era ao ministerio e non a persoa, polo que Jaume Matas xa non era cabaleiro.


La Voz de Galicia
En octubre do 2014 o alcalde de Cambados naquel momento, Luís Aragunde (PP), cría que o exministro Jaume Matas, no cárcere por corrupción nesas datas, "non era digno de representar ao sector do viño Rías Baixas nin dá a mellor imaxe para Cambados". En todo caso, opina que a decisión de retirarlle o título do cabaleiro do albariño debía partir do Capítulo Serenísimo (do que formaba e forma parte actualmente), que o nomeou no seu día, non do Concello. pero nunca levou a asemblea algunha do Capítulo esa moción.

Pois ben, estes días aproveitando a presenza do Rei Felipe VI en Marín o Capítulo Serenísimo e o Consello Regulador Rías Baixas acercáronse ata a vila mariñeira para facerlle entrega duns agasallos como publica o Faro de Vigo hoxe domingo.
Desde o Capítulo Serenísimo sempre argumentaron que Jaume Matas fora nomeado Cabaleiro pola súa condición de ministro no 2002 e unha vez que xa non era ministro deixaba a súa condición de Cabaleiro "ipso facto".
Si esto é así, a que obedece a presenza de Luís Aragunde no acto de entrega de agasallos ao monarca de España, toda vez que xa hai máis de 4 anos que Aragunde non é alcalde e polo tanto segundo o razoamento que esgrimen con Mata, o popular xa non é membro do Capítulo?. Xa non é este acto somentes, vémolo desfilar coa capa todos os anos o domingo do Albariño polo que damos por feito que sigue a ser Cabaleiro a pesar de non contar máis méritos que o de ser ex alcalde.
Tamén resulta cando menos chocante que non fora ningún membro do governo local a este acto. Constanos que nin a alcaldesa, Fátima Abal, nin calquera outro membro estivera invitado para representar ao governo de local.


Como vemos o Capítulo Serenísimo segue coas súas malas artes, o seu sectarismo e mudando o color da súa capa marrón a "azul gaivota". Non hai máis de 4 meses o Rei Emérito visitou unha adega do Salnés e nin o Consello Regulador nin a Mancominidade do Salnénon foron quen de invitar a alcaldesa de Cambados, pero si tiveron a ben invitar a alcaldes ex alcaldes ou portavoces do PP de varios consistorios salinienses e algún independiente "próximo". Ningún alcalde da comarca alléo ao PP estivo invitado.

Este ano o Capítulo Serenísimo cumpre 50 anos e con tal motivo debería facer o seu acto de nomeamento de Donas e Cabaleiros "en aberto", como pedimos moitos cambadeses e visitantes desde hai tempo, na Plaza de Fefiñáns. Pero un ano máis o seu sectarismo fai que centos e centos de veciños e turistas quedemos sen ver un dos actos principais do domingo do Albariño. Nomearán coma sempre Cabaleiros e Donas a afíns ao PP e deixarán atrás a persoeiros que non comulgan co seu credo, de lado por moitos méritos que teñan.

Por esto e moito máis, Capítulo do PP e CRDO PP.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.