Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
9 de julio de 2019
FÁTIMA ABAL PRESENTA UN GOVERNO MÁIS BARATO PARA OS CAMBADESES
Fátima Abal presentou hoxe a proposta de liberacións que presentará no pleno do vindeiro luns coa dúbida de si sairá adiante toda vez que o bipartito (PSOE-Somos) non conta coa maioría suficiente.
Nin BNG nin PP ou Pode anunciaron aínda a dirección do seu voto, polo que queda a expensas do que decidan estas formacións . A proposta de salarios presentáse en conxunto para a súa votación polo que será necesaria unha abstención dos nacionalistas e do edíl de Cambados Pode ou do PP, por separado ou en conxunto. A abstención dos dous primeiros axudaría a que saísen adiante aínda que o PP votase en contra pois se produciría un empate que caería en favor do bipartito. Si o BNG votara a favor xa non sería determinante o voto do PP e Pode.
Así quedarían as liberacións
A alcaldesa contaría coa única liberación a tempo completo cun salario de 42.400 euros brutos ao ano, 2.400 € máis que en 2015.
Samuel Lago, Cruz Leiro, Xurxo Charlín e Carolina Laya, contarían cunha liberación a tempo parcial por 25 horas semanais cun salario de 23.850 euros cada un. A partida suma un total de 137.800 euros, 4.000 euros menos no anterior mandato 2015/19.
Malia todo serían aínda máis barato que na pasada lexislatura posto que ao ter un liberado máis (4 no mandato anterior, Fátima Abal, José Ramón Abal, Víctor Caamaño e Xurxo Charlín) ese quinto deixaría de percibir dietas por plenos e comisións e xuntas de governo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.