Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2019

O BNG APOSTA POR UN PACTO DE ESQUERDAS PARA GOBERNAR CAMBADOS


COMUNICADO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG
A Asemblea Local do BNG reunida hoxe reafírmase en que o futuro de Cambados pasa pola conformación dun goberno municipal de esquerdas e nacionalista.
Para que ese goberno polo que apostamos poida ser unha realidade, é condición imprescindíbel que o PP non acceda á alcaldía. Os votos do BNG sumarán o vindeiro sábado con todos aqueles que coincidan nese obxectivo.
A dous días do Pleno queremos facer pública a nosa preocupación porque non hai garantía de cal vai ser o resultado. Ao día seguinte das eleccións municipais o BNG manifestou publicamente a súa disposición a encetar este camiño de inmediato, pero desgraciadamente non todas as forzas actuaron con igual rapidez e sentido da responsabilidade.
Agardamos que os pasos dados nas últimas horas permitan despexar a incógnita, e posteriormente conformar un goberno de esquerdas e nacionalista con un programa que permita afondar nos avances obtidos nestes últimos catro anos.

A vontade do BNG para acadar ese obxectivo é plena.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.