Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2019

FINAL DAS NEGOCIACIÓNS PARA UN TRIPARTITO EN CAMBADOS


O CONCELLO DE CAMBADOS ESTARÁ GOBERNADO POR UN BIPARTITO DE PSdeG-PSOE E SOMOS-CAMBADOS
O Partido Socialista da por rematadas as negociacións co BNG ó ser rexeitada a oferta de goberno plantexada e así o expón nesta nota de prensa.

Na tarde de hoxe, trala reunión mantida con Somos Cambados e BNG, damos por rematadas sen éxito as negociacións para formar un goberno tripartito. Cabe destacar que as diferenzas para chegar a un pacto non foron en cuestións programáticas, senón na atribución das áreas de goberno.
Dende o partido socialista consideramos que a proposta efectuada para formar goberno era xusta, equitativa e xenerosa, pois partía da base de que cada grupo mantivese as áreas que xa viña gobernando independentemente de que perdesen representación no pleno, e os grupos que gañasen representación verían incrementadas as súas responsabilidades. Tamén se respectaba a premisa de que cada grupo xestionase unha das tres grandes áreas, dende o punto de vista de estructura e orzamento, nas que se divide o goberno: Cultura e Deporte (BNG), Servizos Sociais (Somos-Cambados), e Obras e Servizos (PSdeG-PSOE). Se enumeramos as competencias que posuían os nacionalistas comprobamos que saían moi ben parados: ENSINO, PATRIMONIO E CULTURA, DEPORTE, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL, PARTICIPACIÓN CIUDADANA, MAR, PARROQUIAS, ofrecéndolles ademáis: representación en todos os Consellos escolares dos centros educativos e o SECTOR DO VIÑO. Neste novo pacto pretendían xestionar ademáis todas as obras e servizos relativas ás áreas adxudicadas, o que rompería o mencionado equilibrio entre grandes áreas ó deixar baleira a carteira de Obras e Servizos, cuestión inasumible para o que foi o partido mais votado da esquerda e que conta co dobre de representantes que o BNG.

Consideramos polo tanto que as razóns que levaron ó BNG a non aceptar formar parte do goberno non son cuestións políticas, así que non podemos negar a nosa decepción con esta decisión despois de telos oído falar de “chantaxe”, “mercadeo” ou “reparto de botín” cando eran outros os que facían o mesmo. O certo é que o interese mostrado nas xuntanzas foi en todo momento escaso, argumentando en reiteradas ocasións que “a nós tanto nos ten entrar coma non entrar”, algo que consideramos unha falla de respecto aos seus votantes, pero tamén ós das outras forzas de esquerdas do municipio.

O partido socialista manifestou dende o mesmo día das eleccións que aspiraba a formar un goberno de maioría, de coalición, e progresista, mais non foi posible satisfacer as esixencias do BNG. Aínda así desexamos manifestar que o noso obxectivo segue a ser acadar o mellor acordo de goberno para os veciños e veciñas de Cambados, para o que mantemos as portas abertas a todo aquel que queira sumar para o progreso do pobo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.