Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de junio de 2019

CADENA DIAL PORÁ MÚSICA MAÑÁN EN CAMBADOS NA PLAZA DE FEFIÑÁNS


Un ano máis Cadena Dial leva a música dos teus artistas favoritos ao teu lugar de vacacións.
Nesta ocasión a festa comezará ás 22:00 horas na Praza de Fefiñáns onde contarán coas actuacións de Atacados, Diego Martín, María Parrado, Marta Soto, Dani Fernández, Nil Moliner, Georgina, Carlos Right, isto confírmao o acordo que hai uns días asinou a alcaldesa para a celebración desta Xira de Cadea Dial.
Fátima Abal anima a todas as veciñas e veciños a que gocen destas actuacións totalmente gratuítas, que nos dan a entrada á nova estación estival, un verán que como anos anteriores estará cheo de actividades para todos os gustos e idades.
Cabe lembrar que esta será a terceira parada na Xira de Cadea Dial deste ano e a alcaldesa sentese moi orgullosa de que os organizadores conten unha vez máis con Cambados para ofrecer este tipo de eventos. Sendo coñecedora de que veñen de actuar en León onde congregaron a máis de 14.000 persoas na súa actuación deixando o listón moi alto.
Pero a pesar de que esta actuación sexa un martes sabe que se logrará un éxito rotundo de participación e dá por seguro que se gozará dunha noite espléndida en compañía destes grandes artistas.

Fátima Abal comenta que este tipo de actuacións teñen varias funcións positivas para o  concello, como son o fomento da cultura e a diversidade, ao mesmo tempo que dan a coñecer ao resto de España as virtudes de Cambados e todo o que pode ofrecer, e como todo o mundo sabe, “todo aquel que coñece Cambados por primeira vez sempre volve visitarnos noutra ocasión, favorecendo así o noso comercio e restauración”


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.