Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
23 de mayo de 2019
SOMOS CAMBADOS CONSIDERA PRIORITARIO E URXENTE EXECUTAR UN “PLAN DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO DOS COLEXIOS PÚBLICOS”
- Somos Cambados reúnese con representantes das ANPAs e persoal docente de todos os colexios públicos cambadeses O candidato á alcaldía por Somos Cambados, Tino Cordal, realizou unha serie de reunións con representantes das ANPAs e persoal docente de todos os colexios públicos cambadeses para recoller as súas demandas sobre o estado das instalacións. Cordal constatou que todos os colexios públicos presentan algún tipo de carencias e deficiencias, polo que Somos Cambados leva no seu Programa de Goberno un “Plan de Reforma e Acondicionamento” dos colexios públicos cambadeses, no que se detallen as principais necesidades destes centros de ensino, e asegurou que “é absolutamente prioritaria e urxente a reforma e acondicionamento dos nosos colexios públicos para que o dereito básico á escolarización dos nosos nenos e nenas se realice nas mellores condicións posibles”. Cordal asegurou que “para Somos Cambados a Sanidade e a Educación públicas son unha prioridade como demostramos nestes catro anos”, polo que se comprometeu a acadar a financiación necesaria para solucionar as carencias dos centros públicos de ensino cambadeses. Ademais, Cordal incidiu que é necesario reforzar a seguridade vial nas contornas de todos os colexios, e que todos os centros conten con baños adaptados en perfecto estado para aqueles nenos e nenas con diversidade funcional ou necesidades especiais. Principais necesidades dos colexios públicos de Cambados:
COLEXIO DE CASTRELO
- Cambio de falsos teitos e luminarias no ximnasio.
- Novos baños e duchas.
- Reparar as goteiras no pavillón.
- Arranxar o muro exterior e cambiar o peche por un máis seguro.
- Facer un pulido do primeiro andar.
- Acondicionar os patios e os xardíns.
COLEXIO MAGARIÑOS
- Antigas casas dos profesores. Gañar ese espazo para uso e desfrute do colexio, acondicionándoo e deixándoo preparado para a súa utilización.
- Aula de informática. Habilitar un acceso desde o interior do colexio, incorporándoa ao espazo do mesmo como unha aula máis.
- Mellora dos baños.
- Mellora da calefacción.
- Ampliación do comedor escolar. Na actualidade está na aula de inglés. Debido ás reducidas dimensións da aula teñen que comer en dúas quendas. Mellora da calidade do servizo de catering.
- Mellora xeral das instalacións. Exteriores (patios, xardíns, etc.) e interiores.
- Reforzo do servizo de limpeza.
- Paso de peóns diante da porta principal do colexio.
- Pintado exterior e interior do colexio.
- Actividades extraescolares. Que todos os colexios se coordinen e unifiquen para optimizar recursos e non competir uns colexios contra outros.
COLEXIO DE SAN TOMÉ - Reforzo do servizo de limpeza.
- Instalación dun vídeo-porteiro.
- Mellora dos elementos de xogo.
- Reforma dos baños do segundo andar.
- Cambio de falsos teitos e de luminarias.
- Arranxo de portas e ventás.
- Novo valado exterior.
- Pasarela dende o colexio ao pavillón deportivo.
COLEXIO DE VILARIÑO
- Falsos teitos novos.
- Ventás novas.
- Novas canastras de baloncesto.
- Novo peche exterior.
- Novos baños e duchas.
- Novo chan para o ximnasio.
- Reforzo de limpeza.
- Novas luminarias.
COLEXIO DE CORVILLÓN
- Ampliación do espazo cuberto.
- Muro e peche exterior.
- Novos baños.
- Novas ventás nalgunhas aulas.
- Melloras na Pista Deportiva
COLEXIO DA PASTORA
- Mellora do patio exterior.
- Arranxo dos baños adaptados.
- Arranxo do valo exterior e do peche
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.