Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2019

PROPOSTA ECONÓMICO-MEDIOAMBIENTAL BNG: CREACIÓN DUNHA PLANTA DE COMPOSTAXE NO POLÍGONO INDUSTRIAL



O BNG propón a creación e non a construción dunha planta de compostaxe porque a nave e o recinto exterior da parcela do Polígono Industrial onde a ubicariamos xa existe, é de propiedade municipal e posúe as condicións ideais para esta finalidade. Esta propiedade do Concello de Cambados, aínda que na actualidade se encontra inmersa nun proceso xudicial que agardamos de pronta solución, permitiría ó novo goberno municipal a utilización desta gran infraestrutura para a citada finalidade. A propiedade denominada actualmente Plataforma Loxística Inversa foi construída precisamente para o tratamento de residuos, polo que a proposta é perfectamente viable e sería un proxecto
que solucionaría non só unha problemática de Cambados senón de toda a Comarca do Salnés e de feito nos vindeiros anos a normativa galega e europea de tratamento de residuos implicará a necesidade de contar con este tipo de infraestruturas, que levarán aparelladas a creación dos correspondentes postos de traballo para o funcionamento da planta.






Sup. baixo cuberta: 3960m2 (13Ha totais)

Sup exterior aproveitable: 3500 m2

Sup. Ofinas e varios: 140 m2

Equipamentos Necesarios:

Báscula

Volteadora mecánica

Tromell de afino

Trituradora

Sistema de rego/ventilación

A planta tería capacidade para tratar ó redor de 8000Tn/ ano, dando cabida a
totalidade do lixo orgánico provinte dos productores singulares de Cambados,
a limpeza de praias e viales de titularadade municipal, asi como os parques e
xardíns (aproximadamadamente 400Tn/ano). Cabe por tanto a posibilidade de
asociarse con outros concellos limítrofes, e empresas que produzan lixo
orgánico (conserveras, sector da alimentación, vitivinícola, etc) ata cubrir a

capacidade máxima operativa da planta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.