Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2019

O SALNÉS PROTAGONISTA NOS DÉCIMOS DE LOTERÍA


Desde maña xoves 9 de maio e ata o 25 de xullo, os Concellos do Salnés serán protagonistas todos os xoves da ilustración que semanalmente engalana os billetes do sorteo da Lotería Nacional. Estas ilustracións conmemorarán o chamado Roteiro do Padre Sarmiento, o camiño xacobeo de case 190 quilómetros percorrido hai case 300 anos por Frei Martín Sarmiento na súa viaxe cara a Santiago de Compostela; camiño que percorría gran parte dos concellos da comarca do Salnés. A idea partiu da Mancomunidade do Salnés que, recentemente solicitou a responsables da Administración de Loterías do Estado a tirada dun billete de lotería que conmemorase o camiño xacobeo emprendido polo coñecido benedictino berciano. Finalmente a resposta foi extremadamente positiva xa que desde Loterías do Estado decidiron a impresión dunha serie de boletos con imaxes das paraxes e lugares polos que pasa o Roteiro do Padre Sarmiento. Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontecesures, Padrón son os concellos que terán o seu propio boleto de lotería nas próximas semanas. A Mancomunidade informa de que un hórreo representará ao municipio de Poio e a ermida da Lanzada a Sanxenxo nos décimos desta campaña de promoción cultural.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.