Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de mayo de 2019

O CONCELLO INSTA A LEGALIZAR E EVITAR PERIGOS NOS POZOS PARTICULARES


A execución de captación de auga de pozos constitúe unha práctica habitual na nosa Comunidade, especialmente no rural.

Debe lembrarse que este tipo de obras precisan de licenza municipal/comunicación prévia e, ao dar lugar a un uso privativo de aproveitamento da auga, á intervención do organismo Augas de Galicia.


Dáse conta de que todos aqueles pozos executados con carencia dos requisitos anteriores atópanse en situación de clandestinidade, con todas as consecuencias legais que son de aplicación para os seus promotores.


Por todo o cal difúndese a presente información para o coñecemento da veciñanza en xeral dándose conta de que a execución deste tipo de obras debe cumprir con todos os requisitos de legalidade e de seguridade, e para así evitar desgraciados accidentes que se puideran ocasionar pola súa deficiente sinalización ou selado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.