Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2019

MELLORA DO ACCESO Ó CENTRO CULTURAL DE CORVILLÓN E MELLORA AMBIENTAL DO ENTORNO


Trátase dun proxecto da Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe a nacionalista
María Xosé Cacabelos para aprobar no GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural). Foi
presentado neste organismo (GDR Salnés-Caldas) polo Tenente Alcalde, Víctor
Caamaño, representante municipal no mesmo. O proxecto sería financiado nun 60% con
fondos europeos e con el preténdese realizar actuacións para mellorar ó acceso ó centro
cultural de Corvillón á vez que se pon en valor a paisaxe tradicional da zona.
O acceso a este centro cultural obriga ós peóns a dar un amplo rodeo para chegar, polo
que neste proxecto plantéxase a realización dun novo acceso unido ó paseo peonil do
contorno do Muiño da Seca permitindo un doado achegamento desde o parque da Seca;
lugar que concentra gran parte da actividade social da parroquia de Corvillón. O acceso
deseñado, nun terreo con gran pendente, propón un paseo en zig-zag para posibilitar un
acceso peonil transitable, así como a mellora ambiental para valorizar a paisaxe
tradicional (eliminación de piñeiros e eucaliptos con plantación de especies autóctonas e
tamén alumeado público) e diminuír a incidencia dos incendios na zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.