O sábado 29 de xuño celebraranse as IV Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados.
. Os actos, que se desenvolverán durante ese mesmo sábado terán lugar no espazo da Fundación Manolo Paz no lugar de Castrelo, Cambados, nun ano que estará especialmente dedicado á creación do norte de Portugal.
. Nesta edición homenaxearase co IV Premio Fundación Manolo Paz a Álvaro Siza, coñecido arquitecto que conseguiu como poucos relacionar a natureza na súa arquitectura. Entre outros recoñecementos, Álvaro Siza foi galardoado co Premio Alvar Aalto, co Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe e co Premio Pritzker, sempre con obras capaces de vincularse ao espazo que as contén.
. Os actos completaranse cunha mesa redonda sobre deseño en Galicia e o norte de Portugal, e a presentación da primeira edición da Porto Design Biennale, que será inaugurada no próximo mes de setembro en Oporto e Matosinhos.
O sábado 29 de xuño terá lugar a presentación das IV Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados. Os actos, que se desenvolverán durante ese mesmo sábado no espazo da Fundación Manolo Paz en Castrelo, consistirán nunha serie de presentacións e conversas en torno á figura de Álvaro Siza, coñecido arquitecto que conseguiu como poucos relacionar a natureza na súa arquitectura.
O premio da Fundación Manolo Paz, é un galardón que recoñece o labor de profesionais destacados pola súa contribución á conservación e mellora da paisaxe e a difusión da arte. No caso de Álvaro Siza a razón deste recoñecemento estriba na súa traxectoria profesional e, en particular, o importante traballo que desempeñou en Galicia, xa sexa na arquitectura como no parque de Bonaval en Santiago de Compostela, un lugar que se converteu en modelo de respecto no tratamento da paisaxe urbana. Entre outros recoñecementos, Álvaro Siza foi galardoado co Premio Alvar Aalto, co Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe e co Premio Pritzker, sempre con obras capaces de vincularse ao espazo que as contén.
Estes actos en torno á figura de Álvaro Siza completaranse cunha mesa redonda sobre deseño en Galicia e o norte de Portugal, así como coa presentación da primeira edición da Porto Design Biennale, que será inaugurada no próximo mes de setembro en Oporto e Matosinhos.
Para inscribirse ás xornadas ou recibir máis información:
Inscricións en xornadas@fundacionmanolopaz.gal
www.fundacionmanolopaz.gal
(Lugar de Quintáns. Parroquia de Castrelo. Cambados)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.