Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de noviembre de 2022

PROGRAMACION DE NADAL EN CAMBADOS


Comeza o Nadal cheo de actividades en Cambados e nas Casas de Cultura das parroquias, co Acendido de Luces e Inauguración da Aldea de Nadal o Xoves 1 de Decembro a partir das 19:00h na Praza de Fefiñáns, cunha gran chocalatada e recollida solidaria de xoguetes.


Ademais este ano volveremos ter mercado de Nadal no parque Torrado, a disposición dos comercios de xeito gratuíto, ambientarase na praza de Fefiñáns a Aldea de Nadal, instalarase un poboado de Nadal e activaranse actividades infantís, creando un espazo máxico de Nadal. Terá casetas e actividades de animación e entretenementos para todas as idades, pero especialmente para os máis pequenos como maxia, concertos e espectáculos diversos, que manterán o espírito de Nadal en Cambados e nas Parroquias. 


Programa de Nadal 2022-2023

🔗 https://cambados.es/nadal-2022-23/

01/12    19h Praza de Fefiñáns: Acendido do alumeado do Nadal

                   Concerto de Take it easy

                   Inauguración da Aldea do Nadal e Chocolatada

2/12      16h Parque de Torrado: Apertura das atraccións infantís (as atraccións infantís hinchables serán de balde todos os días das 16 ás 18h para residentes en Cambados)

9-11/12 12h Inauguración do Mercado do Nadal no Parque de Torrado

                  Venres 9     19h Concerto da Escola Municipal de Música

                  Sábado 10   19h Concerto de Cacabelos

                  Domingo 11 17:30 Maxia co Rei Midas

16-17/12    IX Xornadas de Viños Espumosos Rías Baixas no Parque de Torrado

23/12  11:30h Contacontos no Parque de Torrado

23/12  21:30h Concerto de Grande Amore no Parque de Torrado

24/12  Chegada de Papá Nöel (pola mañá nas parroquias e pola tarde no centro de Cambados e recepción na Aldea do Nadal)

26/12  11:30h Armouse o Belén en Torrado (nenas e nenos farán un Belén xigante)

27/12  11:30h Maquillaxe e animación con baile en Torrado

28/12  11:30h Obradoiro interxeracional de nen@s con avoas e avós en Torrado

29/12  11:30h Elaboración de almanaques persoais en Torrado

30/12  11:30h Preparación do fin de ano con murais e soportes para uvas en Torrado

30/12  21h Concerto de Nadal da Banda de Música de Castrelo no Auditorio da Xuventude

31/12  12h Badaladas, uvas e lacasitos na Praza do Concello

2/01    11:30h Nadal coas mans (manualidades) en Torrado

3/01    11:30h Xornada interxeracional de xogos tradicionais en Torrado

4/01    11:30h Maquillaxe e animación con baile en Torrado

5/01    11:30h Detalliño para a benvida dos Reis Magos en Torrado  

5/01   Visita dos Reis Magos (pola mañá nas parroquias e pola tarde Cabalgata no centro de Cambados e recepción na Aldea do Nadal)

7/01 19h Concerto de Tolemia’s Consort na Igrexa Parroquial de Cambados

8/01 19h Concerto de Manso e Amigos no Auditorio da Xuventude

NADAL 2022-23 NAS PARROQUIAS

23/12  16:30h Contacontos de Nadal na Casa da Cultura de Vilariño

24/12  Chegada de Papá Nöel

           11:00h Oubiña (explanada da Casa da Cultura)

           11:35h Vilariño (campo da festa)

           12:15h Corvillón (parque da Seca)

           13:00h Castrelo (parking-campo da festa)        

26/12  16:30h Armouse o Belén (nenas e nenos farán un Belén xigante) en Oubiña

27/12  16:30h Maquillaxe e animación con baile na Casa da Cultura de Castrelo

28/12  16:30h Obradoiro interxeracional de nen@s con avoas e avós en Corvillón

29/12  16:30h Elaboración de almanaques persoais na Casa da Cultura de Vilariño

30/12  16:30h Preparación do fin de ano (con murais e soportes para uvas) en Oubiña

2/01  16:30h Nadal coas mans (manualidades) na Casa da Cultura de Castrelo

3/01  16:30h Obradoiro interxeracional na Casa da Cultura de Corvillón

4/01  16:30h Maquillaxe e animación na Casa da Cultura de Vilariño

5/01  16:30h Detalliño para a benvida dos Reis Magos na Casa da Cultura de Oubiña

5/01  Visita dos Reis Magos

         11:00h Oubiña (explanada da Casa da Cultura)

         11:35h Vilariño (campo da festa)

         12:15h Corvillón (parque da Seca)         

13:00h Castrelo (parking-campo da festa)   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.