Un xoven veciño de Meis de 19 anos, perdeu a vida ao saírse da vía mentres circulaba co seu vehículo pola N-640, á altura do punto quilométrico 233, ao paso polo concello de Caldas de Reis.
Foron varias as persoas particulares que contacton co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ao fío das 13:30 horas do mediodía de hoxe, para alertar dun accidente na glorieta de San Simón. Segundo a información facilitada ao CIAE, o turismo saíuse da vía e quedou envorcado, provocando que o único ocupante do vehículo quedase atrapado no seu interior.
Un policía de paisano, xunto a máis persoas, sacárono do coche ante o perigo de incendio e por se se podía facer algo pola súa vida, pero por máis que tentaron reanimalo as lesións eran moi graves.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron en marcha un dispositivo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Valga, da Policía Local de Vilagarcía de Arousa, de Vilanova de Arousa e tamén de Caldas de Reis, ademais dos voluntarios de Protección Civil destes concellos e do servizo de mantemento das estradas.
Tras chegar ao lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que o ferido encontrábase liberado, polo que descartouse o uso do material de excarceración.
Pese aos esforzos do persoal sanitario, nada puideron facer por salvarlle a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.