Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2019

O REI VEU VER UN BOSQUE GALEGO E AMOSÁRONLLE "PINOS DE OREGÓN"


O rei de España participou nunhas xornadas polo Día Internacional dos Bosques pero nun espazo infestado de especies foráneas.

O rei de España, Felipe VI, veu a Galicia a coñecer de primeira man como eran os labores forestais e de silvicultura dos bosques galegos. E o monarca gozou dunha xornada na que participou activamente nos labores forestais, puxo en valor os espazos verdes no Día Internacional dos Bosques, asistiu a vario relatorios… pero non viu ningún bosque autóctono. No seu lugar, a súa maxestade estivo nunha plantación de Boqueixón onde imperaban os eucaliptos e o coñecido cientificamente como pseudotsugas menziesii, comunmente chamado ‘Piñeiro de Oregón’ ou ‘Piñeiro de Douglas’, unha árbore típica do oeste de América do Norte e que se foi estendendo en Galicia desde os anos 90 por sucesivos plans de repoboación forestal.
A xornada, organizada por 'Xuntos polos Bosques' coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia, foi moi criticada por diversos colectivos, que non entenden como nun día dedicado a poñer en valor o patrimonio forestal cométese o erro de programar actividades nun bosque de eucaliptos e piñeiros foráneos.
É o caso de traballadores de SEAGA, que lamentaron que o rei leve de Galicia unha visión equivocada da realidade dos bosques galegos. “Non comprendemos como no Día Internacional dos Bosques faise este paripé, con todo bonito, cando a realidade galega non é esa”, critico Peter Brea, portavoz de SEAGA ante os micrófonos da Cadea SER, mentres outro compoñente denunciou que os montes galegos están asilvestrados e que arden “por intereses privados”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.