Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de marzo de 2019

III MOSTRA INTERNACIONAL DA CAMELIA EN CAMBADOS


Por terceiro ano, no Concello de Cambados celébrase a Mostra Internacional da Camelia e, nesta edición. Coma en edicións anteriores este ano entregarase a distinción de “Cambados Cidade Camelia de Ouro”.

O Concello de Cambados e a Asociación Ibérica da Camelia, como organizadores, desexan divulgar e promocionar esta flor pola súa beleza, pero tamén por tóda as posibilidades económicas, comerciáis e culturais que proporciona esta emblemática especie botánica.

Será os vindeiros sábado e domingo 23 e 24 de marzo no salóns de Congresos e Exposicións José Peña.

PROGRAMA 
Sábado23 de marzo:
09:00: Apertura do Salón de Congresos e Exposicións José Peña para a colocación da flor polos expositores
13:30: Finalización do prazo de colocación da flor para os participantes
14:00: Inauguración da III Mostra Internacional da Camelia. Entrega de agasallos
14:40: Xantar
16:30: Apertura
17:00: Obradoiro “mosaico feito em cacos”, creación dunha camelia coa arte dos mosaicos polo Mestre Antonio Soares. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir de 8 anos). Inscricións no teléfono 667 41 51 64 (José María). Prezo: 10€
17:00: Visita guiada ao pazo de Fefiñáns para expositores

Domingo 24 de marzo:
10:30: Apertura
13:30: no Parador de turismo de Cambados, entrega da “Camelia de Ouro Cidade de Cambados” ao ganador/a deste ano. Tamén se fará entrega de outras distincións, premios e agasallos. A entrega de premios será realizada por diferentes autoridades.
16:30: Apertura do salón ao público
20:00: Clausura da III Mostra Internacional da Camelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.