Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2019

DOBLETE PARA PIRAGÜISMO CAMBADOS EN RIANXO

O conxunto cambadés conseguiu a vitoria na xeral masculina e feminina. Na tarde do sábado celebrábase nas inmediacións da lonxa de Rianxo o VI Trofeo Concello de Rianxo pertencente á liga galega de kaiak de mar, na que participaban máis de 250 participantes. Ao termo de todas as saídas a clasificación masculina quedou encabezada polo Piragüismo Cambados con 1239 puntos, seguido por Piragüismo Olívico con 989 puntos e Club de Mar Ría de Aldán con 970 puntos. Polo que respecta á xeral feminina Cambados e Olívico repetían posicións mentres que a terceira posición sería para o Club Kaiak Vigo. Ademais, como novidade neste ano 2019 estreouse a modalidade mixta na que o Kaiak Vigo levou a vitoria por diante de Náutico Cobres e Club Cabanas KDM.
A primeira posición en K1 Sprinter senior masculino foi para Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), en segunda posición chegou a meta Valentín Sabarís (Piragüismo Verducido), sendo terceiro Óscar Iglesias (Ría de Aldán). Pola súa banda, Carmela Menduíña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, a prata sería para Alejandra Manso (E. P. Cidade de Pontevedra) e o bronce para Antía Naveiro (Breogán do Grove).

Rianxo converteuse o sábado no epicentro do Kaiak de Mar galego. A sexta edición da Regata de Kaiak de Mar Concello de Rianxo que organiza o Club de Piragüismo Rianxo dió comezo ás 15.30 horas. Os participantes completaron un percorrido de 5 e 10 quilómetros, segundo a categoría e modalidade, unha vez terminadas as regatas fíxose entrega dos premios na Lonxa Vella de Rianxo. Esta competición que abría a liga galega da modalidade conta cos principais favoritos ao triunfo na xeral ao termo das cinco competicións que compoñen o campionato ligueiro. Así ben, os equipos con maior número de participantes son o Club Piragüismo Cambados que competiu con 36 deportistas, mentres que o Piragüismo Olívico faino con 29 do mesmo xeito que o Kaiak Vigo. En total 24 equipos participantes que suman 280 deportistas.
A próxima competición da liga celebrarase o día 1 de maio en Cambados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.