Dous mergulladores con dificultades para saír da auga foron rescatados esta mañá nas proximidades da Praia de Foxos, en Sanxenxo.
Unha persoa que pescaba preto lanzouse á auga para socorrelos e, posteriormente, foi recollido por unha embarcación que o trasladou san e salvo ao Porto de Portonovo.
No que respecta aos mergulladores, foron quen de chegar á beira, mais un deles, que sufriu unha forte conmoción, necesitou asistencia médica e foi evacuado polo equipo médico situado no punto ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.
Todo comezou cunha chamada dunha veciña ao 112 Galicia ás 11:30 horas de hoxe para informar de dous mergulladores que pedían auxilio na zona de Ermida da Lanzada. Así, desde o 112, avisouse a Salvamento Marítimo, aos profesionais de Urxencias Sanitarias, membros do GES de Sanxenxo e á Policía Local.
Tamén cómpre sinalar a colaboración dos axentes da Garda Civil, que xa tiñan coñecemento do suceso e saíron decontado cara ao punto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.