Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2019

"CAMBADOS NAMORA" CAMPAÑA DOS NAMORADOS DE CONCELLO E ZONA CENTRO CON MÚSICA E AGASALLOS


A Asociación de Comerciantes lanza unha campaña de dinamización do comercio local chamada “Cambados Namora” que repartirá un pack romántico e unha cea para dúas persoas entre os participantes.
Para elo hai que atopar un dos carteis dos namorados que estarán nas rúas do casco histórico e facer una foto en parella para subila as redes sociais co hashtag #cambadosnamora.
A campaña foi presentada este mediodía na nova sede da asociación.
Concurso
Busca no Casco Histórico algún dos Photocalls coas palabras Amor, Love e Bicos e sube as redes sociais unha fotografía coa túa parella co hastag #cambadosnamora.
A máis votada en Facebook, Twiter ou Instagram gañará un pack romántico e a segunda unha cea para dous, e sortearemos entre todos os participantes tres estuches de viño da edición especial dos Namorados de Paco&Lola.
E continúa namorándote cos concertos románticos que se celebrarán do 15 ao 17 de febreiro en diferentes prazas de Cambados, con Take it Easy, The Velvet Crab, The Artrosic Monkeys e Pauliña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.