O pasado sábado día 12 de xaneiro, tivo lugar o sorteo da campaña do Nadal 2018. Cabe destacar que nesta edición a campaña celebrouse en conxunto coas restantes asociacións do Salnés, todas elas membras da federación Consorcio do Comercio do Salnés, entidade da cal a asociación Cambados Zona Centro ostenta a presidencia. Do importe total dos premios repartidos polo Consorcio, 1.400 euros corresponden a Cambados, que recaíron en:
- Vale de 300 euros: para Cristina Monteagudo pola súa compra en Xogueterías Colorín Colorado.
- Vale de 200 euros: para Adela, pola súa compra en Calzados Losada.
- Vale de 200 euros: para Laura Paz Amil, pola súa compra en Seguros J. Rey.
- Vale de 100 euros: para Paulino Alcaine, polas súas compras en Copistar.
- Vale de 100 euros: para Mª Jesús Romero, polas súas compras en Joyería Villar.
- Vale de 100 euros: para Rosa González Santorum polas súas compras en Librería Contos.
- Vale de 100 euros: para Iria Oubiña, polas súas compras en La Casita de Hansell y Gretel.
- Vale de 100 euros: para Laura Méndez González polas súas compras en Maap Informática.
- Vale de 100 euros: para Mª José Carballo Vazquez polas compras realizadas en Traviata.
- Vale de 100 euros: para Luis Abal Pintos polas súas compras en La Boutique del Pan.
A celebración deste acto supuxo a estrea oficial do local cedido polo Concello de Cambados á asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e máis ao Consorcio do Comercio do Salnés.
A entrega dos premios celebrarase o vindeiro venres día 18, ás 13:00 horas, na nova sede da asociación Cambados Zona Centro no edificio municipal da Rúa Nova, número 4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.