"Levamos moitos anos sufrindo recortes, marxinación e anunciando que estabamos nunha situación de grave risco pero esa situación chegou xa ao grao de insustentable, especialmente na Atención Primaria", manifestou a portavoz da plataforma, Rosa Casal, durante a presentación destas mobilizacións.
Os responsables da plataforma alertan acerca dos índices de temporalidade dos contratos e de que a persoais dos centros de saúde están baixo mínimos. "A este ritmo imos deixar de coñecer o que entendiamos como médico de familia", sinalan. Por parte do colectivo en defensa da sanidade pública do Salnés incídese en que, "como mínimo", a comarca debería recuperar o persoal, as camas e os orzamentos que tiña antes de perder a cualificación de área sanitaria e converterse en distrito. "Agora somos o segundo prato", sinala Rosa Casal, quen apuntou como exemplo ilustrativo desta situación o recente traslado dun pediatra do PAC de Cambados ou o dun anestesista do Hospital do Salnés a outros centros, sen que fosen substituídos. AUTOBUSES A SANTIAGO
Imaxes: Arousa Sí Radio
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.