Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de diciembre de 2018

DÚAS PERSOAS RESULTARON INTOXICADAS A CAUSA DUN INCENDIO NUNHA VIVENDA EN SANXENXO


Dúas persoas, unha muller e un home, foron evacuados esta tarde debido a un incendio declarado no interior da súa vivenda en Sanxenxo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso ocorreu ás 16:40 horas desta tarde na Estrada da Lanzada, en Portonovo, a onde acudiron os membros do GES da localidade e os Bombeiros de Ribadumia para sufocar un lume que devorou por completo unha cociña. Como consecuencia do intenso fume provocado polo incendio, dúas persoas que se atopaban no interior da casa tiveron que ser evacuada ao PAC da vila por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.