En Marea, PSOE e BNG inician a Comisión da Verdade sobre a sanidade pública coa comparecencia, vetada polo PP, de Manuel Pereira, representante da familia do paciente morto no PAC de A Estrada e Eduardo Díaz e Pilar Rodríguez, representantes dos profesionais de PAC, que levan tempo en situación de conflito co Sergas.
O médico Eduardo Díaz e a enfermeira Pilar Rodríguez, membros da plataforma PACs en pé de guerra, denunciaron o “ERE encuberto que está a impor o goberno galego” e aseguran que de non poñer remedio a situación empeorará de xeito moi importante.
O portavoz do home falecido no PAC da Estrada este verán sen asistencia sanitaria lamentou que “ninguén desde a Consellería de Sanidade nin o goberno galego” tiveran nin tan sequera a delicadeza de se poñer en contacto con eles para trasladarlles as súas condolencias.
Vídeo completo da comisión:
https://www.youtube.com/watch?v=XmkEV7cIaRY&feature=youtu.be
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.