Aos bebés nados en agosto, está a chegarlles a axuda mensual en decembro. Tal é o atraso da Tarxeta Benvida por falta de fondos, que a Xunta pretende liquidar cambiando o prazo de solicitude.
A conselleira de Política Social anuncia o Goberno galego aprobará a Lei de Impulso Demográfico "nos próximos meses"
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que as mulleres embarazadas poderán solicitar a chamada Tarxeta Benvida --unha axuda da Xunta para familias que acaban de ter un fillo-- a partir da próxima convocatoria.
Así o adiantou, nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, recollida por Europa Press, na que foi preguntada sobre posibles solucións futuras para algunhas disfuncións que podería ter esta prestación. Neste sentido, a conselleira lembrou que "hai dous meses para solicitala e outros dous para resolver", un total de catro meses desde que o bebé nace.
"É certo que pode ser un pouco tarde para comprar as primeiras cousas do neno", admitiu García, para despois anunciar que, "na próxima convocatoria", a Xunta "vai permitir que as nais no embarazo xa poidan solicitar a Tarxeta Benvida".
"Ningunha administración pode dicirlle a unha nai: 'Ten fillos, porque así che damos unha Tarxeta Benvida'; pero si que pode axudar a tomar unha decisión aos pais", abordou.
Fonte: GaliciaPress
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.