O Instituto Galego do Viño ( Ingavi) deu a coñecer a lista de nomeados aos Premios Mágnum do Viño Galego 2018, cuxa entrega se celebrará no seo da Feira Independente do Viño Castes. Será o vindeiro domingo 25 de novembro ás 13.30 horas, na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa. Como novidade nesta oitava edición dos Premios incorpórase un novo galardón, o Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fóra de Galicia, cuxos primeiros nomeados son Mugaritz, Aponiente, Taberna Laredo, Alkimia e Atrio. O resto de categorías teñen os seguintes candidatos: Mellor Viño Galego:
• Fulcro 2016 (Bodegas Fulcro)
• Ribeiras do Armea 2014 (José Luis Bouzón-Casa Beade)
• Sílice Lobeiras 2016 (Sílice Viticultores)
• Azos do Pobo2016 (Daterra Viticultores)
• Prádio Brz 2014 (Fazenda Prádio)
Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado):
• O Tesouro 2016 (Viña Somoza Bodega y Viñedos)
• Ollos de Roque 2015 (Fazenda Agrícola Augalevada)
• Cume do Avia Dos Canotos 2017 (Adegas Cume do Avia)
• Granuja 2015 (Lagar de Pintos)
• Carralcoba Caíño Tinto 2015 (Eulogio Pomares)
Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
• Bodegas Rafael Palacios
• Bodega Gerardo Méndez
• Bodega Nanclares y Prieto
• Bodegas Albamar
• Coto de Gomariz
Mellor iniciativa de Enoturismo:
• Concello de Cambados
• Pazo de Rubianes
• Bodega Algueira
• Festival Ribeira Sacra
• Os Xoves de Códax
Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:
• Festa do Viño Novo de Pontevedra
• Libro ‘As Pedras que facían Viño’
• Videafest
• Volando Voy
• Claustro Mercedario de Verín
Mellor Sumiller no Tratamento del Viño Gallego:
• Tomás Ucha, (Sumiller del Equipo de Sumilleres en Mugaritz)
• Ismael López (Sumiller en Casa Solla)
• Xurxo Rivas (Copropietario y Sumiller en Taberna O´Secreto)
• Miguel Ángel Barreiro (Propietario y Sumiller en Madialeva Wine Bar)
• Elisabeth Castro (Propietaria y Sumiller en Mesón do Campo)
Os Premios Mágnum do Viño Galego teñen como finalidade promocionar a cultura do viño en Galicia a través do recoñecemento ás persoas que traballan decididamente a prol do futuro do viño galego. Asemade, os Premios Mágnum queren dar a coñecer aos consumidores e aos mercados a enorme calidade dos profesionais do viño en Galicia, facendo especial mención na promoción dos sumilleres e da súa labor.
Os Premios Mágnum concédense con periodicidade anual. Os premiados en cada categoría nunha convocatoria non poderán ser premiados de novo na mesma categoría durante os seguintes 5 anos para favorecer a promoción de novos valores do viño galego.
Só poden ser candidatos aos premios as adegas que teñan a súa sede social en Galicia e os viños producidos en Galicia. Pola contra, si poden ser premiados sumilleres, entidades e profesionais da difusión do viño que destaquen polo seu apoio ao viño galego fóra de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.