Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de noviembre de 2018

EXPERTA CHAMADA POLO PP AVOGA POR NON DAR TRATAMENTOS A ALGÚNS PACIENTES CON CANCRO E HEPATITE C PARA AFORRAR CARTOS



Cando nunha comisión de calquer parlamento nacional ou autonómico un partido político chama a un experto é para que corroboren as suas teses. Con esta comparecencia, está o PP a decir que non se deberían gastar cartos en enfermos de cancro dependendo do seu estado?

Unha catedrática proposta polo PPdeG para comparecer no Parlamento dubida que o SERGAS deba sufragar tratamentos oncolóxicos a pacientes con pouca esperanza de vida. "É un problema porque se están dando tratamentos oncolóxicos a pacientes que non teñen máis perspectiva que un par de meses por diante e que estamos a gastar medio millón de euros por gañar o equivalente a un ano de vida" declarou onte Beatriz González López. "A xente pensa que non pode morrer" di o portavoz de Sanidade do PP ao fío do gasto en cancro Trátase dunha profesora da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria especialista en Economía da Saúde e doutora en Económicas. González, de orixe galega, é unha das expertas que o Partido Popular chamou para a Comisión de investigación sobre recortes e privatización do sistema sanitario. Na súa comparecencia, a profesora de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión posicionouse coas teses conservadores, interpretando que os recortes sanitarios non teñen necesariamente porque causar máis falecementos. Os deputados do PPdeG aplaudiron a súa intervención.

O PP INVESTÍGASE A SE MESMO Foron os únicos que o fixeron, porque os parlamentarios da oposición non asisten á Comisión. O boicot de En Marea, PSdeG e BNG débese, precisamente, ao desacordo pola lista de comparecentes. A maioría do PPdeG impediu que expliquen o seu punto de vista persoas como os familiares do paciente morto no PAC da Estrada cando non había ningún médico ou representantes da Plataforma de enfermos de hepatite.

Fonte: galiciapress.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.