Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de noviembre de 2018

CAMBADOS PROTEXERÁ OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DO ILLOTE DE SAN SADURNIÑO




O Concello de Cambados quere protexer os restos arqueolóxicos do Illote de San Sadurniño, que na actualidade é moi sensible á retracción da liña de costa.
Por tal motivo, o goberno local prepara un proxecto para a instalación dun gavión que evite que a repetición de novos episodios erosivos conleve a perda definitiva da información patrimonial.
Previamente, vaise documentar de maneira exhaustiva o perfil do xacemento antes de se instale a estructura do gavión.
Ao mesmo tempo, a actuación incluirá a mellora da iluminación na ponte e no entorno do Illote.
Os Concelleiros de Cultura e Economía, Victor Caamaño e Xurxo Charlín, contábanno esta mañá en qué consiste a estructura proxectada en Arousa Sí Radio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.