O Mercado das Flores volve a Cambados. Este ano serán 27 os postos de florerías da localidade e doutros puntos da comarca. Nesta edición haberá un stand máis cá na pasada edición do 2017.
A iniciativa volve repetir localización, por cuarto ano consecutivo terá lugar no Salón Peña. Esta mañá celebrouse unha xuntanza coas floreiras que van participar no Mercado.
Desde o goberno local pensan que a creación deste mercado das flores dá resposta a unha situación que non gustaba a moitos: aquel clásico mercadillo de floreiras ás portas do Centro de Saúde nas vésperas de Defuntos.
A cita, desta volta, celebrarase os días 30 e 31 de outubro, en horario ininterrompido de 8 da mañá a 10 da noite. Tamén abrirá as súas portas o 1 de novembro, o Día de Defuntos, dende as 8 da mañá ás 3 da tarde.
Durante os días que dure o evento, os postos do Mercado contarán con seguridade privada, financiada polo Concello, que tamén reforzará o servizo de limpeza. O goberno local tamén colaborarán coa actividade na súa difusión, coa instalación de pancartas publicitarias en varios puntos do termo municipal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.