Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de octubre de 2018

NOVAS RUTAS POLOS CEMITERIOS PONTEVEDRESES




A Deputación de Pontevedra desenvolverá este outubro, por segundo ano consecutivo, unha serie de rutas por cemiterios históricos da provincia, aínda que este ano, como novidade, tratarase de visitas centradas no patrimonio literario e artístico. Así, o fío condutor serán personaxes da literatura e do mundo das artes, relacionados con cada un dos camposantos que se visitarán.
A iniciativa desenvolverase en tres cemiterios: o de San Mauro (Pontevedra), o de Santa Mariña Dozo (Cambados) e o de Pereiró (Vigo). As visitas serán os domingos 21 e 28 de outubro e comezarán ás 11.00 horas. As rutas son gratuítas e haberá un número limitado de 25 persoas por grupo, debido ás características especiais dos lugares que se visitan. Os interesados en participar, só teñen que apuntarse no correo electrónico visitasguiadas@depo.es. As entradas iranse adxudicando por orde de inscrición ata completar aforamento e cada reserva será para un máximo de catro persoas.

No cemiterio de Pereiró, o máis extenso de Vigo, a través da figura de Concepción Arenal, interpretada por unha actriz, as persoas que participen nesta iniciativa poderán coñecer a orixe e a historia deste camposanto, a súa capela neogótica, o cemiterio civil ou a pegada dalgúns personaxes destacados como Urbano Lugrís, José María Álvarez Blázquez ou Tomás Argüelles.

No cemiterio de San Mauro, da man de María Vitoria Moreno, autora homenaxeada ese ano no Día dás Letras Galegas, os visitantes poderán coñecer as diferentes etapas e espazos do camposanto, como a capela de San Mamede, o cemiterio civil ou o lugar onde está Alexandre Bóveda.

Pola súa banda, o cemiterio de Santa Mariña Dozo de Cambados (foto) está declarado Monumento Histórico Artístico e inclúese na Rede Europea de Cemiterios Singulares. Neste caso, a visita realizarase por medio da figura de Josefina Branco, destacada actriz de teatro de finais do século XIX, que foi tamén esposa de Val Inclán.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.