Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2018

CAMBADOS INFORMA SOBRE CÓMO RECUPERAR O IMPOSTO DE ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS DA TÚA HIPOTECA




A Concellería de Economía e Facenda de Cambados, que dirixe Xurxo Charlín, organiza unha charla para informar á cidadanía de cómo recuperar o imposto de actos xurídicos documentados trala última sentencia do Tribunal Supremo.
A actividade ten carácter gratuíto e celebrarase este mécores 24 de outubro en Exposalnés ás 20.30 horas.
Será impartida polo avogado e asesor xurídico da asociación de consumidores ACOUGA, José Esperante Agra.
O obxectivo é informar á veciñanza sobre como reclamar estas cantidades as entidades financeiras e como se teñen que presentar as reclamacións, así como a comisión de apertura e os restantes gastos de formalización como son os da notaría, rexistro ou xestoría.
A iniciativa de asesoramento ponse de novo en marcha despóis de que o Tribunal Supremo decidira esta semana que é o banco e non o cliente o que debe abonar o imposto sobre actos xurídicos documentados na firma dunha hipoteca, corrixindo así a súa doutrina anterior.
A raíz desta sentenza, o sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) indicou que aqueles cidadáns que formalizaran un préstamo hipotecario nos últimos catro anos, os exercicios non prescritos fiscalmente, poden solicitar á Xunta de Galicia a devolución de ingresos indebidos, máis intereses de demora.
Desta forma, estes cidadáns poden sortear o camiño xudicial, máis longo e custoso, para solicitar a devolución deste imposto.
Pola contra se xa fai máis de catro anos desde que se subscribiu o préstamo hipotecario e, xa que logo fiscalmente o pago do imposto prescribiu, deberanse emprender accións legais contra a entidade bancaria e solicitar a devolución.
A través da oficina de Consumo de Cambados xa se esta a asesorar nesta materia aos veciños que así o requiren.
Por outro lado a asociación de Consumidores Adicae, a través da súa avogada colaboradora, Begoña Saborido, tamén se puxo en contacto co Concello de Cambados para realizar outra charla sobre as cláusulas abusivas en préstamos hipotecarios e reclamacións de gastos.
Neste caso está prevista para o 8 de Novembro ás 17:00h, tamén no Salón de Actos de Exposalnés.

Fonte: ArousaSíRadio Salnés


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.