Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de octubre de 2018

CAMBADOS CONVERTE A CATA DE ESCUMOSOS NA FESTA DO ALBARIÑO DE INVERNO




O Concello de Cambados redeseña a programación enoturística para os vindeiros meses e converte a Cata de Escumosos nunha Festa do Albariño de Inverno.
A cita terá lugar o 15 de decembro no Salón Peña e estará centrada nos viños escumosos, coa presencia de media ducia de adegas.
Ademáis, o Concello quere ter presencia propia en Fitur, se así llo concede a Mancomunidade do Salnés, para dar a coñecer, a través dun vídeo promocional, os recoñecementos conseguidos nesta lexislatura: Cidade Europea do Viño, a declaración Internacional da Festa do Albariño Internacional e o recén galardón de Mellor Mellor Municipio Enoturistico 2018.
Nomeamentos que, asimesmo, o goberno municipal quere celebrar con todos os cambadeses e veciños da comarca nun brinde colectivo que terá lugar a principios do ano que ven na Praza de Fefiñáns.
Así o avanzaba esta mañá o Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, nunha rolda de prensa na que recibiu o total apoio da Mancomunidade do Salnés para seguir promovendo actividades neste ámbito.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.