Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de octubre de 2018

AS COSTAS DE CORUÑA E PONTEVEDRA, EN ALERTA ESTE LUNS POR CHOIVA, VENTO E FORTE MAREXADA



Avisos meteorolóxicos para o 15 de outubro de 2018. METEOGALICIA

As provincias da Coruña e de Pontevedra estarán este luns en alerta por intensas choivas, ventos e marexada, debido ao paso dunha fronte durante a madrugada, segundo a predición de Meteogalicia.
En concreto, entre as 00,00 e as 12,00 horas, está activa a alerta amarela por choivas de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, nas zonas oeste e suroeste da Coruña. Por ventos, hai alerta amarela por ventos de sur, de forza 7, entre as 00,00 e as 06,00 horas, no litoral da Coruña e na costa de Pontevedra.
No mar, o aviso é de nivel amarelo entre as 12,00 e as 15,00 horas, por ondas de 4 a 5 metros nas Rías Baixas e na zona oeste da provincia da Coruña. A alerta subirá a nivel laranxa, por ondas de 5 a 6 metros, nas mesmas áreas, de 15,00 a 21,00 horas, baixando novamente a amarela de 21,00 a 24,00.
Tamén estará en alerta, por ondas de entre 4 e 5 metros, a zona de Coruña Noroeste entre as doce do mediodía e as doce da noite.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.