Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de septiembre de 2018

NORABOA CAMBADOS!!!!! XA SOMOS INTERNACIONAIS!!!!



O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo outorga esta declaración despois de que o Goberno galego remitira o correspondente expediente favorable, culminando o proceso que vén apoiando nos últimos anos. O Albariño de Cambados convértese así na primeira festa enogastronómica galega en ser recoñecida como de Interese Turístico Internacional.
Deste xeito, únese á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona.
A Festa do Albariño de Cambados trátase dunha das celebracións vitivinícolas máis antigas de Galicia e a segunda de España, que conseguiu afianzarse nos últimos anos como gran expoñente do potencial enogastronómico da Comunidade. É, ademais, pioneira xa que no seu día se converteu na segunda festividade de Galicia en ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional e na primeira da provincia de Pontevedra en conseguilo.
Este éxito dos cambadeses foi posible polo traballo realizado desde o Concello de Cambados nestes tres últimos anos. Cabe destacar que o traballo feito por anteriores gobernos locais aportaron o seu graniño de area. Pero sobre todo o pulo dado polo cuatripartito foi determinante.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.