Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2018

EXCURSIÓN A SÁLVORA PARA OS MAIORES CAMBADESES.





A concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade que dirixe Tino Cordal está a organizar unha excursión marítima á illa de Sálvora. A viaxe realizarase, en principio, o venres 14 de setembro, aínda que é posible que a data sexa modificada en caso de que as condicións meteorolóxicas motiven un cambio de día ou incluso de semana. Segundo explica Tino Cordal, "con esta excursión conclúen as visitas ás principais illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, logo do éxito acadado o ano pasado coa viaxe ás Illas Cíes e no mes de xuño deste ano á illa de Ons, que foron visitadas por máis de 200 maiores cambadeses, convidados polo Concello". Ao igual que nas ocasións anteriores, para poder inscribirse na excursión á Sálvora é necesario residir en Cambados (figurando no padrón de habitantes da vila cambadesa) e ter cumpridos os 60 anos (para as parellas que convivan xuntas bastará con que un dos cónxuxes os teña).
O prazo de inscrición ábrese este luns 3 de setembro e o lugar para facelo é o despacho de Servizos Sociais situado no primeiro andar da Casa do Concello de Cambados, a onde será preciso acudir co documento de identidade.
Servizos Sociais encargarase de comprobar que todos os inscritos estean empadroados na localidade. Haberá 150 prazas dispoñibles e crearase unha lista de agarda de 25 persoas máis. O catamarán alugado polo Concello sairá do porto de Tragobe ás 15:30 horas da tarde e dirixirase directamente a Sálvora, onde os excursionistas farán rutas guiadas pola contorna do faro e pola aldea e disporán tamén de tempo de lecer. As rutas guiadas faranse en grupos de 25 persoas. Por iso, serán necesarios ata 6 guías, que a propia navieira do catamarán encargarase de contratar. O regreso a Cambados está previsto para as 20:30 horas. Cordal prevé que, tralo éxito da excursión a Cíes do ano pasado e a de Ons de xuño deste ano, as prazas dispoñibles para a excursión a Sálvora se esgoten nuns poucos días, polo que anima aos interesados e interesadas en facer esta viaxe a anotarse o antes posible.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.