Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de septiembre de 2018

CONSULTA NO CONCELLO DE CAMBADOS SI ES CANDIDATO A SER XURANO NUN XUICIO




Entre o 13 e o 24 de setembro  poderánse consultar no negociado de estadística do Concello de Cambados os datos correspondentes aos posibles membros dos xurados populares. Para realizar a consulta deberán vir provistos do DNI.

Os xurados populares son elixidos polas diferentes Audiencias Provinciais que hai no noso país mediante un sorteo que se realiza os anos pares e no que son seleccionadas as persoas que pasasen a formar parte do tribunal popular de cada provincia, para os seguintes dous anos. O sorteo é público e pode asistir a presencialo toda aquela persoa que o desexe. Para a realización do sorteo, utilízase un computador e un programa informático especifico e nel constan todos os cidadáns maiores de idade e censados nesa provincia, pero non figuran cos seus nomes e apelidos, senón cun número identificativo. Tras efectuarse o sorteo, nas semanas seguintes procédese a notificar (mediante un certificado postal) aos seleccionados que foron elixidos para formar parte dun xurado popular e ábrese un prazo no que se pode presentar alegacións. Os motivos, polo que a unha persoa seleccionada permíteselle alegar, poden ser por idade (maiores de 65 anos), formar parte doutro xurado popular nos últimos 4 anos, ser unha causa de trastorno por ter cargas familiares, realizar un traballo de interese xeral, estar a traballar no estranxeiro, ser militar en servizo necesario e outras causas relevantes como falecemento ou enfermidades graves que imposibilitan a presenza nun tribunal popular. Tras o período de alegacións, e coas persoas restantes que quedaron aptas para ser parte dos xurados populares, fórmanse grupos de 36 candidatos para cada xuízo. Agora só queda esperar a que se lle asigne a cada grupo un xuízo e será entón cando o avogado e o fiscal, que van formar parte da defensa e acusación correspondente, deberán poñerse de acordo para elixir a 11 deses 36 candidatos e que formasen definitivamente o xurado popular, estando este composto por un maxistrado de carreira, 9 cidadáns titulares e 2 cidadáns suplentes.
Para determinar que 11 cidadáns poden formar parte, a defensa e a fiscalía farán unha criba entre os 36 candidatos. Algúns dos motivos para excluír ou admitir a unha persoa que formará parte dun xurado popular específico poden ser determinar se unha persoa é apta psicoloxicamente, está influenciada de antemán polo caso para xulgar, teña un vinculo (directo ou indirecto) con algunha das partes implicadas ou se ten capacidade para entender, comprender e analizar todo o que se expoñerá no xuízo. Os xurados populares non poden xulgar todo tipo de delitos, só participando en xuízos nos que se xulga casos de asasinato ou homicidio, suborno, omisión do deber de socorro, violación de morada, incendios forestais, malversación de fondos públicos, infidelidade na custodia de presos. Tras o xuízo, o xurado popular non declara a inocencia do acusado, senón que só poden dicir se é ‘culpable’ ou ‘non culpable’. Tampouco está entre as súas facultades o impoñer a sentenza (tempo de cárcere ou multa económica) xa que iso é competencia do xuíz e é este quen o decide. A duración dun xuízo con xurado popular vai desde os 5 días (o máis curto) ata os 25 días (o máis longo). Todas as persoas que forman parte dun xurado popular (titulares e suplentes) teñen dereito a percibir unha remuneración que se desagrega do seguinte modo: 70 euros por día que dure o xuízo máis manutención, aloxamento nun hotel e quilometraxe desde a residencia do membro do xurado ata a sala onde se desenvolve o xuízo (0,20 céntimos aprox. por km)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.