Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de agosto de 2018

LAUREANO OUBIÑA PIDE MEDIDAS CAUTELARES CONTRA O CERRE DO SEU POSTO NA FESTA DO ALBARIÑO



Laureano Oubiña xa solictou ao xulgado medidas cautelares contra a decisión do concello de Cambados que o obrigou a desmontar un posto de venda ambulante de exemplares da autobiografía e de camisetas promocionais do libro. A licenza para o posto nas Festas do Albariño fora solicitada por unha terceira persoa e na solicitude so se especificaba a venda de roupa.

O Concello de Cambados forzou a retirada do posto no que Laureano Oubiña vendía o seu libro e camisetas na Festa do Albariño do municipio pontevedrés. O goberno local de Cambados, revogou a autorización que concedera para a instalación do mostrador ambulante nun espazo nas inmediaciones da Casa do Mar. O consistorio acóllese á nova ordenanza municipal que permite, por razón de interese público e de forma unilateral, retirar o permiso para «non danar a imaxe da festa».

Segundo indicou a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o permiso para montar este posto ambulante estaba a nome dunha muller de Pontevedra para a venda de roupa. Con todo, no posto habilitado personouse o propio Laureano Oubiña para facer promoción do seu libro, «Oubiña, toda a verdade».

No momento da retirada do posto vivíronse intres de tensión entre Laureano Oubiña e a Policía Local cando se achegaron ao posto ambulante de venda de exemplares da autobiografía do ex-narcotraficante para controlar que se recollera a mercadoría tal e como requirira o concello acompañado dun decreto da alcaldía.

"Pero a min o gatillo gustame moito, eh! Hostia! Eu non quero volver ás andadas pero se hai que volver, vólvese" dixo Laureano Oubiña aos axentes, como se aprecia nas imaxes da TVG.

O solicitante do posto, unha terceira persoa, que pagara 200 euros pola licenza, foi requerido en varias ocasións para que desmontara o posto facendo caso omiso en todas as ocasións. O concello rovogou a licenza  aludindo a que a venda de certos produtos prexudicaba a imaxe de Cambados.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico felicitou ao Concello de Cambados e a sua alcaldesa «polo seu determinación» para evitar o «grotesco espectáculo de autopropaganda» que durante a Festa do Albariño pretendía ofrecer Laureano Oubiña.

Censura esta fundación que nos últimos tempos Oubiña se aproveite da actividade de comerciantes e de festas populares de renombre para «buscar notoriedad e facer enaltecimiento dunha vida á marxe da lei, dedicada a cometer gravísimos delitos». A fundación recomenda «seguir o exemplo» de Cambados para evitar situacións como a vivida na Festa do Albariño.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.